O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da Campaña de Nadal do centro comercial aberto Ourense Centro

Ourense, 12 de decembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Campaña de Nadal impulsada polo centro comercial aberto Ourense Centro, que ten como obxectivo incentivar o consumo nos establecementos de proximidade da cidade ourensán.

Manuel Pardo aproveitou o acto para destacar o labor que desenvolven os CCAs e asociacións de comerciantes a prol da dinamización da economía e do emprego, así como na fixación de poboación no territorio, situándoos como axentes fundamentais no marco do desenvolvemento do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2025