Martina Aneiros mantén un encontro con representantes do Club Atletismo Ferrol

Ferrol, 17 de decembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente e o tesoureiro do Club Atletismo Ferrol, Marcelo Rodríguez e Carlos San José, respectivamente, co fin de coñecer os proxectos nos que se atopa inmersa actualmente a entidade deportiva e coñecer as súas demandas relacionadas coa Administración autonómica.

O encontro, enmárcase dentro da rolda de contactos que, de forma habitual, vén mantendo a representante do Goberno galego co tecido asociativo da zona co obxecto de informarse de primeira man das súas  necesidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/12/2025