A Xunta apoia con 265.000 € a 74 escolas de música de xestionadas por concellos e entidades sen ánimo de lucro
A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades vén de resolver as axudas, cuxo importe varía en función do número de alumnos de cada centro
Esta iniciativa está enmarcada no Plan Educ-Art, para impulsar estas ensinanzas
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2025
Un total de 74 escolas de música xestionadas por concellos e asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro benefícianse da liña de axudas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da súa actividade. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de resolver a convocatoria deste ano, dotada con 265.000 €, co importe que recibe cada una das beneficiarias e que varía en función do número de matriculados en cada centro.
O obxectivo destas subvencións é apoiar o funcionamento das escolas que imparten ensinanzas musicais non regradas, así como fomentar, difundir e estender este tipo de formación entre a cidadanía. Para acceder ás axudas, os centros debían estar inscritos no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
A convocatoria enmárcase dentro do Plan EDUC-ART, posto en marcha neste curso, que ten entre os seus obxectivos o fomento das escolas de música como etapa previa ao acceso aos conservatorios profesionais. Outras das medidas deste plan son a ampliación de prazas, a incorporación de novas especialidades e o impulso de programas de mestrado e doutoramento. Cómpre lembrar que o Goberno galego puxo en marcha en 2023 o primeiro mestrado en ensinanzas artísticas de Galicia, en creación, interpretación e investigación musical, que se imparte no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Na primeira categoría, de escolas de música públicas, concédense axudas por un importe de 100.000 euros ás seguintes 37 escolas:
|
CONCELLO |
ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS |
|
A Baña |
Municipal da Baña |
|
A Pontenova |
Municipal da Pontenova |
|
Allariz |
Municipal de Allariz |
|
Ames |
Municipal de Ames |
|
Baiona |
Municipal de Baiona |
|
Barbadás |
Municipal de Barbadás |
|
Begonte |
Municipal de Begonte |
|
Brión |
Municipal Magariños |
|
Cabana de Bergantiños |
Municipal de Cabana de Bergantiños |
|
Caldas de Reis |
Municipal de Caldas de Reis |
|
Cambados |
Municipal de Cambados |
|
Cangas |
Municipal Mestre Inocentes Camaño |
|
Carnota |
Municipal de Carnota |
|
Cee |
Municipal de Cee |
|
Foz |
Municipal de Foz |
|
Guitiriz |
Municipal de Guitiriz |
|
Maceda |
Municipal de Maceda |
|
Meaño |
Municipal de Meaño |
|
Meira |
Municipal de Meira |
|
Moaña |
Municipal de Moaña |
|
Mondoñedo |
Municipal O Pallarego |
|
Moraña |
Municipal de Moraña |
|
Muros |
Municipal de Muros |
|
Ordes |
Municipal de Ordes |
|
Ortigueira |
Municipal de Ortigueira |
|
Ponteareas |
Municipal Vila do Corpus de Ponteareas |
|
Porto do son |
Municipal de Porto do Son |
|
Ribadavia |
Municipal de Ribadavia |
|
Ribadeo |
Municipal de Ribadeo |
|
San Cibrao das Viñas |
Municipal de San Cibrao das Viñas |
|
Sanxenxo |
Municipal Lied_em |
|
Sarria |
Municipal Sarria |
|
Silleda |
Municipal de Silleda |
|
Sober |
Municipal de Sober |
|
Valga |
Municipal de Valga |
|
Vila de Cruces |
Municipal de Vila de Cruces (Art. de Merza) |
|
Vilagarcía de Arousa |
Municipal Bernardo del Río Parada |
Na segunda categoría, de escolas de música de entidades sen ánimo de lucro, concédense axudas por importe de 165.000 euros a 37 escolas:
|
CONCELLO |
ESCOLA DE MÚSICA PRIVADAS |
|
A Coruña |
Compañía de María |
|
Agolada |
Agolada |
|
A Illa de Arousa |
Illa de Arousa |
|
As Neves |
Popular de Rubiós |
|
As Pontes de García Rodríguez |
As Pontes |
|
Barro |
Barro |
|
Cambre |
Sementeira de Cambre |
|
Celanova |
Banda de Celanova |
|
Chantada |
Casa da Música de Chantada |
|
Gondomar |
Agrupación Musical de Vincios |
|
Lalín |
Banda de Lalín |
|
Lalín |
Vilatuxe |
|
Mos |
Mos |
|
O Rosal |
Agrupación Musical do Rosal |
|
Ponteareas |
Unión de Guláns |
|
Ponteareas |
Xinzo |
|
Pontevedra |
Salcedo |
|
Redondela |
Chapela |
|
Rianxo |
Rianxo |
|
Ribadavia |
Mestre Veneroni |
|
Salceda de Caselas |
Asociación Amigos da Música |
|
Salvaterra de Miño |
Salvaterra de Miño |
|
Santiso |
Visantoña |
|
Soutomaior |
Artística de Arcade |
|
Teo |
Calo -Teo |
|
Tomiño |
Goián |
|
Tui |
Escola da Banda de Música Popular de Tui |
|
Vigo |
Atlántida |
|
Vigo |
Beade |
|
Vigo |
Unión Musical de Coruxo |
|
Vigo |
Valadares |
|
Vigo |
Ateneo Musical de Bembrive |
|
Vigo |
Val do Fragoso |
|
Vigo |
Lira de San Miguel de Oia |
|
Vilaboa |
Vilaboa |
|
Vilanova de Arousa |
Vilanova |
|
Xinzo de Limia |
Limia |