O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento como persoal estatutario fixo de 32 profesionais da categoría de enfermería especialista en saúde mental

O Diario Oficial de Galicia recolle a publicación do seu destino definitivo, con 3 prazas na área sanitaria de Ferrol; 4 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 12 na de Santiago de Compostela e Barbanza; e 5 na de Vigo

As persoas nomeadas, por concurso-oposición e por concurso de méritos, disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026

O Servizo Galego de Saúde publica hoxe, no Diario Oficial de Galicia, as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos aspirantes seleccionados no concurso-oposición e no concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeira especialista en saúde mental.

No proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, noméase e adxudícanse 2 prazas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

No concurso-oposición, ofértanse 31 prazas e resultan nomeadas e adxudicatarias de destino definitivo 30 aspirantes. Queda deserta unha praza no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ao esgotarse a lista de aspirantes que superaron a fase de oposición.

Así, a distribución de prazas adxudicadas por área sanitaria nos dous procesos é de: 3 na área sanitaria de Ferrol; 4 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 12 na de Santiago de Compostela e Barbanza; e 5 na de Vigo.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación destas resolucións no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de febreiro de 2026.

Os aspirantes  poden dirixir todas as dúbidas e consultas ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.

Data de actualización: 12/01/2026