A Xunta subvencionou con preto de 35.000 euros a rehabilitación das piscinas municipais de Campo Lameiro
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros
Campo Lameiro (Pontevedra), 23 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de rehabilitación das piscinas municipais de Campo Lameiro. Estes traballos foron posibles grazas a unha axuda da Xunta de máis preto de 35.000 euros.
A actuación consistiu na mellora da impermeabilización interna das paredes das dúas piscinas (grande e pequena), así como na reparación das fendas existentes. Ademais aproveitouse para facer unha limpeza integral dos espazos, para substituír antiga bomba de recirculación e para renovar o sistema de filtrado.
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros.
Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia da colaboración entre institucións e destacou o “papel fundamental dos alcaldes e alcaldesas, que son os que coñecen de primeira man as necesidades dos seus veciños”