Arias reúnese con representantes da Real Federación Galega de Fútbol, que preparan unha xornada para adestradores na sede da Xunta en Lugo
Lugo, 29 de xaneiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe cunha representación do Comité de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol, encabezada polo seu presidente, Manuel García, dentro dos preparativos do “Día do adestrador e da adestradora”, que celebrarán na Delegación Territorial no mes de setembro.
Os membros do comité coñeceron as instalacións nas que se desenvolverá o evento. Arias ofreceulles a máxima colaboración para a organización da xornada, que combina actividades formativas e actos de homenaxe a membros destacados do colectivo. Neste sentido, celebrou “poder contribuír a esta cita en xusto recoñecemento aos técnicos, en especial aos que desde o fútbol base forman en deporte e valores a milleiros de nenos e nenas galegos”.