A Xunta recibe os integrantes do equipo galego de alpinistas que acometerá a travesía polar do lago Inari

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, xunto á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse hoxe con directivos da Federación Galega de Montañismo e membros do Equipo de Novos Alpinistas Galegos (ENAG).

Este equipo, formado por José Carlos Romay, Jorge Ares, Héctor López e Martín García Blanco, acometerá no mes de marzo a Travesía do Lago Inari, expedición de alpinismo exploratorio polar que os levará a percorrer sobre o xeo, e tirando dunha zorra, ao redor de 100 quilómetros en cinco etapas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/02/2026