A Xunta abre ata o 16 de marzo o prazo de inscrición nas oposicións de educación con 1.601 prazas
O período de presentación de solicitudes, que deberán realizarse a través de medios electrónicos, está aberto desde hoxe e as probas comezarán o 20 de xuño
Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse nas bases da convocatoria
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026
A Xunta de Galicia abre hoxe, 24 de febreiro, o prazo para inscribirse nas oposicións de ensino de 2026. Ata o vindeiro 16 de marzo, as persoas interesadas en optar a unha das 1.601 prazas convocadas poden realizar os trámites necesarios unha vez convocadas xa as probas no Diario Oficial de Galicia.
A inscrición realízase por medios electrónicos a través do Portal Educativo, onde deberán crear unha solicitude e, despois, presentala na Sede Electrónica da Xunta dentro do devandito prazo. Ao presentar a solicitude será necesario aboar a taxa correspondente.
As probas selectivas comezarán a partir do 20 de xuño e desenvolveranse en distintas localidades, que se concretarán máis adiante como todos os anos. Toda a información relativa aos requisitos de titulación para cada corpo, á documentación necesaria, ao baremo e ao procedemento completo pode consultarse nas bases da convocatoria.
Con esta nova oferta, Galicia alcanza as 21.698 prazas convocadas desde o ano 2009, consolidándose como a comunidade con menor taxa de interinidade docente. A medida enmárcase na aposta da Xunta pola estabilidade do profesorado e pola mellora das súas condicións profesionais, favorecendo tamén a promoción interna, que permite, entre outras cuestións, o acceso do corpo de mestres ao de profesorado de Ensino Secundario. Ademais, suporá seguir mellorando as ratios de alumnos nun contexto de redución progresiva da matrícula. Trátase dunhas oposicións de máximos, ao convocar 120 prazas por cada 100 vacantes, esgotando así a taxa de reposición marcada a nivel estatal.
No que atinxe á distribución das prazas, no corpo de mestres convócanse 476 en oito especialidades, mentres que no de profesores de Ensino Secundario se ofertan 852 en 29. Ademais, establécense 60 prazas en cinco especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da Formación Profesional e 213 prazas por promoción interna en 29 especialidades. A distribución detallada figura nas seguintes táboas:
Corpo de mestres: 476 prazas, oito especialidades
|
Especialidade |
Prazas |
|
Educación Infantil |
80 |
|
Lingua Estranxeira: Inglés |
45 |
|
Lingua Estranxeira: Francés |
35 |
|
Educación Física |
25 |
|
Música |
30 |
|
Pedagoxía Terapéutica |
95 |
|
Audición e Linguaxe |
41 |
|
Educación Primaria |
125 |
|
Total |
476 |
Corpo de profesores de ensino secundario: 852 prazas, 29 especialidades
|
Especialidade |
Prazas |
|
Filosofía |
25 |
|
Latín |
28 |
|
Lingua castelá e literatura |
35 |
|
Xeografía e historia |
35 |
|
Matemáticas |
50 |
|
Física e química |
30 |
|
Bioloxía e xeoloxía |
25 |
|
Debuxo |
30 |
|
Francés |
15 |
|
Inglés |
147 |
|
Portugués |
5 |
|
Música |
15 |
|
Educación física |
20 |
|
Orientación educativa |
15 |
|
Tecnoloxía |
15 |
|
Lingua e literatura galega |
80 |
|
Economía |
20 |
|
Administración de empresas |
20 |
|
Construcións civís e edificacións |
8 |
|
Formación e orientación laboral |
31 |
|
Informática |
30 |
|
Organización e xestión comercial |
15 |
|
Organización e proxectos de fabricación mecánica |
15 |
|
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico |
10 |
|
Procedementos sanitarios e asistenciais |
20 |
|
Procesos comerciais |
20 |
|
Procesos de xestión administrativa |
33 |
|
Sistemas e aplicacións informáticas |
40 |
|
Equipos electrónicos |
20 |
|
Total |
852 |
Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP: 60 prazas, cinco especialidades
|
Especialidade |
Prazas |
|
Cociña e pastelaría |
12 |
|
Estética |
7 |
|
Fabricación e instalación de carpintería e moble |
7 |
|
Mantemento de vehículos |
20 |
|
Soldadura |
14 |
|
Total |
60 |
Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario: 213 prazas, 29 especialidades
|
Especialidade |
Prazas |
|
Filosofía |
6 |
|
Latín |
7 |
|
Lingua castelá e literatura |
9 |
|
Xeografía e historia |
9 |
|
Matemáticas |
14 |
|
Física e química |
7 |
|
Bioloxía e xeoloxía |
6 |
|
Debuxo |
7 |
|
Francés |
4 |
|
Inglés |
37 |
|
Portugués |
1 |
|
Música |
4 |
|
Educación física |
5 |
|
Orientación educativa |
4 |
|
Tecnoloxía |
4 |
|
Lingua e literatura galega |
18 |
|
Economía |
5 |
|
Administración de empresas |
5 |
|
Construcións civís e edificacións |
2 |
|
Formación e orientación laboral |
8 |
|
Informática |
7 |
|
Organización e xestión comercial |
4 |
|
Organización e proxectos de fabricación mecánica |
4 |
|
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico |
3 |
|
Procedementos sanitarios e asistenciais |
5 |
|
Procesos comerciais |
5 |
|
Procesos de xestión administrativa |
8 |
|
Sistemas e aplicacións informáticas |
10 |
|
Equipos electrónicos |
5 |
|
Total |
213 |