A Xunta participa na entrega de premios dos certames internacionais de Baristas e de Catas de Cafés

Foz (Lugo), 27 de febreiro de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na entrega de premios da XVIII edición do Campionato Internacional de Baristas e a XIII do Campionato Internacional de Catas de Café, que se celebrou ao longo desta semana no IES de Foz.

Este ano contan con 26 centros de hostalería de 14 comunidades autónomas participantes, aos que se lle suman outros do Centro de Hostalería de Viana do Castelo (Protugal) e da Escola Giuseppe Zanardeli de Brescia (Italia). O certame contou co apoio de establecemento da contorna para a súa celebración, que incluíu unha degustación de cafés de balde para o público. Cabe sinalar que o IES de Foz acollerá o vindeiro xoves, 5 de marzo, unha masterclass de cociña enmarcada no plan piloto de formación en escolas de hostalería que está a impulsar a Consellería do Medio Rural en colaboración co Grupo Nove, co fin de promover e fomentar o uso de produtos agroalimentarios de calidade diferenciada neste sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2026