O Sergas publica a relación dos admitidos e os exentos do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
Resultan admitidos, con carácter definitivo, 29.621 aspirantes para un total de 3.887 prazas
Das persoas admitidas, 22.287 son persoal sanitario non facultativo e 7.334 persoal de xestión e servizos
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se dá publicidade á relación definitiva de admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario non facultativo e de xestión e servizos.
Nestes procesos selectivos ofértanse un total de 3.887 prazas, das cales 1.980 corresponden á categoría de enfermería, 128 a enfermería familiar e comunitaria, 69 a enfermería obstétrico-xinecolóxica, 60 a enfermería pediátrica, 3 á de enfermería de medicina do traballo, 1.306 á de técnico en coidados auxiliares de enfermería, 38 á de técnico en farmacia, 67 á técnico superior en imaxe para o diagnóstico e 236 á de persoal de servizos xerais.
Nas categorías de persoal de servizos xerais, técnico en coidados auxiliares de enfermería e técnico en farmacia, convocáronse prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Resultaron admitidas, con carácter definitivo, 29.621 aspirantes: 984 pola quenda de promoción interna, 27.141 pola de acceso libre, 1.371 pola de discapacidade xeral e 125 pola de discapacidade intelectual.
Da totalidade de admitidos, 22.287 son persoal sanitario non facultativo e 7.334 persoal de xestión e servizos. A categoría con maior número de aspirantes admitidos é a de técnico en coidados auxiliares de enfermería (9.524), seguida da de enfermería (8.646).
Número de persoas admitidas por categoría:
|
Categoría |
Admitidas |
|
ENFERMEIRO |
8.646 |
|
ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN ENFERMERÍA DO TRABALLO |
32 |
|
ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA |
835 |
|
ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN ENFERMERÍA PEDIÁTRICA |
210 |
|
ENFERMEIRO ESPECIALISTA EN OBSTETRICIA-XINECOLOXÍA (MATRÓN/A) |
348 |
|
PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS |
7.230 |
|
PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS DI |
104 |
|
TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA |
9.524 |
|
TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA DI |
16 |
|
TÉCNICO EN FARMACIA |
1.267 |
|
TÉCNICO EN FARMACIA DI |
5 |
|
TÉCNICO SUPERIOR EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO |
1.404 |
|
Total |
29.621 |
Do total de aspirantes admitidos, o 82 % están exentos de realizar a proba de lingua galega por estar en posesión do correspondente certificado oficial acreditativo do nivel de coñecemento de lingua galega que lle dá dereito a mencionada exención.
As listas coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e as persoas aspirantes exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.