A delegada territorial da Xunta participou na XXXI Gala do Deporte Ferrolán que recoñeceu aos mellores deportistas da cidade
2026-03-12
/documents/35297/2046600/XXXIGalaDeporteFerrola%CC%81n+1+.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 12 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Auditorio Municipal na XXXI Gala do Deporte Ferrolán. Con esta celebración, o Concello recoñece cada ano o labor dos mellores deportistas e equipos da cidade.
Aneiros foi a encargada de entregar un dos galardones do evento, no que a karateka Carmen Ventureira e o nadador Nicolás Astigarrabía foron distinguidos como mellores promesas deportivas do ano. A Carabela de Prata, o premio ao mellor deportista da cidade no ano 2025, marchou finalmente a casa co futbolista Álvaro Carreras.
Data de actualización: 12/03/2026