Preto de 1.000 alumnos de 54 centros de ensino de toda Galicia mellorarán as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week da Xunta

A Consellería de Educación vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias

A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio

Enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado, eido no que Galicia é líder en España

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2026

Preto de 1.000 alumnos de 54 centros escolares de toda Galicia mellorarán este curso as súas competencias en inglés nos campamentos Spring Week impulsados pola Xunta cun investimento de preto de medio millón de euros. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a relación de colexios e institutos seleccionados nesta iniciativa, que é totalmente gratuíta para as familias.

A actividade, na que participan alumnos entre 5º de Primaria e 2º de ESO, desenvolverase en seis quendas semanais entre o 22 de marzo e o 23 de maio. Consiste nunha estadía na que os rapaces conviven nunha contorna de inmersión lingüística, practicando inglés en situacións reais con profesorado nativo e que se realiza no Centro Residencial dos Peares.

Estes campamentos combinan actividades académicas e lúdicas, que favorecen a convivencia e a motivación dos estudantes para comunicarse en inglés. Deste xeito, ademais de recibir clases, os estudantes participan en obradoiros e actividades de lecer que favorecer a cooperación, a interacción social e o achegamento á cultura anglosaxoa. 

Ademais, de xeito transversal, promóvese a educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

O programa de campamentos Spring Week enmárcase na aposta do Goberno galego polo impulso das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. Cómpre lembrar que Galicia vén de consolidarse, por segundo ano consecutivo, como a comunidade con maior nivel de inglés de España segundo o informe anual de Education First (EF).

Cunha puntuación de 563 puntos, 23 máis que a media de España e 73 máis que a media global, Galicia sitúase na táboa de dominio alto da lingua inglesa no contexto mundial, mentres que o conxunto de España queda na de manexo moderado da mesma.

A relación de centros seleccionados por quendas é a recollida na seguinte táboa:

Concello

Nome do centro

Número de  alumnado

Quenda

 

Provincia da Coruña

Laxe

CPI Plurilingüe Cabo da Area

2

1ª quenda

 

Dodro

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

24

1ª quenda

 

Brión

IES Brión

25

1ª quenda

 

As Pontes de García Rodríguez

IES Plurilingüe Castro da Uz

18

1ª quenda

 

Santiago de Compostela

IES Lamas de Abade

25

1ª quenda

 

Trazo

CPI de Viaño Pequeno

16

2ª quenda

 

Cambre

IES Afonso X O Sabio

25

2ª quenda

 

Santa Comba

IES Terra de Xallas

25

3ª quenda

 

Porto do Son

IES de Porto do Son

25

3ª quenda

 

Muros

IES Plurilingüe Fontexería

19

3ª quenda

 

A Coruña

IES A Sardiñeira

25

3ª quenda

 

Cedeira

CEIP Nicolás del Río

22

4ª quenda

 

Outes

CEIP Plurilingüe de Outes

25

4ª quenda

 

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

25

6ª quenda

 

A Coruña

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

25

5ª quenda

 

Cambre

CEIP Portofaro

25

5ª quenda

 

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe de Vite

20

6ª quenda

 

Boiro

CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

16

6ª quenda

 

Boiro

CEIP Plurilingüe Santa María do Castro

11

6ª quenda

 

Ferrol

CEIP Plurilingüe A Laxe

5

6ª quenda

 

Fene

CEIP Plurilingüe Os Casais

8

6ª quenda

 

Ribeira

CEIP Plurilingüe de Artes

7

5ª quenda

 

Mazaricos

CPI Plurilingüe da Picota

19

6ª quenda

 

Provincia de Lugo

Baralla

CPI Luís Díaz Moreno

13

1ª quenda

 

A Fonsagrada

IES Plurilingüe Fontem Albei

13

1ª quenda

 

Burela

IES Monte Castelo

25

2ª quenda

 

Burela

IES Perdouro

25

2ª quenda

 

Vilalba

IES Santiago Basanta Silva

13

3ª quenda

 

Baleira

CEIP Plurilingüe Concepción López Rey

9

4ª quenda

 

Mondoñedo

CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora

22

4ª quenda

 

Lugo

CEIP Plurilingüe de Nadela

10

6ª quenda

 

Provincia de Ourense

Ribadavia

IES O Ribeiro

25

2ª quenda

 

Ourense

IES Universidade Laboral

25

3ª quenda

 

Ourense

IES Ramón Otero Pedrayo

25

3ª quenda

 

Os Blancos

CEIP Plurilingüe dos Blancos

5

5ª quenda

 

A Pobra de Trives

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

8

4ª quenda

 

O Barco de Valdeorras

CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas

25

5ª quenda

 

A Peroxa

CEIP Roberto Blanco Torres

6

5ª quenda

 

Provincia de Pontevedra

Vigo

IES de Teis

20

1ª quenda

 

Cangas

IES de Rodeira

22

1ª quenda

 

Meis

CPI de Mosteiro-Meis

23

2ª quenda

 

Lalín

IES Laxeiro

25

2ª quenda

 

O Porriño

IES Ribeira do Louro

18

3ª quenda

 

Silleda

CEIP Plurilingüe de Silleda

25

4ª quenda

 

Baiona

CPI de Cova Terreña

25

5ª quenda

 

Vilagarcía de Arousa

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

23

5ª quenda

 

Redondela

CEIP Plurilingüe de Reboreda

24

4ª quenda

 

Tui

CEIP Plurilingüe Nº 1

23

5ª quenda

 

Tomiño

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

25

6ª quenda

 

Cambados

CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro

15

6ª quenda

 

Ponteareas

CEIP Plurilingüe de Santiago de Oliveira

10

4ª quenda

 

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe Nantes

10

4ª quenda

 

A Estrada

CEIP Manuel Villar Paramá

9

5ª quenda

 

Fornelos de Montes

CEIP Doutor Suárez

8

4ª quenda

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2026