A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu hoxe á inauguración destas instalacións

Allegue destaca que o novo edificio polivalente de Carragoso, en Lalín, será un punto de encontro da veciñanza e contribuirá á dinamización da contorna

Esta actuación é froito do convenio de colaboración asinado en febreiro do ano pasado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, que aportou unha achega de máis de 259.000€

A Xunta colabora nesta intervención ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para impulsar actuacións que melloren os espazos públicos

O edificio está dotado de sala de usos múltiples, escenario, cociña, aseos e almacén, polo que poderá acoller reunións, eventos ou cursos formativos

Allegue puxo o acento en que este é un edificio sostible, eficiente enerxeticamente e respectuoso co medio ambiente

Subliñou que “se trata dun lugar pensado para as persoas, a vida en comunidade e para seguir fortalecendo o espírito colectivo que caracteriza ao rural galego”

Lalín (Pontevedra), 14 de marzo de 2026

Allegue destaca que o novo edificio polivalente de Carragoso, en Lalín, será un punto de encontro da veciñanza e contribuirá á dinamización da contorna. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu hoxe á inauguración destas instalacións.

Esta actuación é froito da colaboración entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra, un acordo selado en febreiro do ano pasado. De xeito máis concreto, o Goberno galego participou no financiamento desta intervención cunha achega de máis de 259.000 euros, no marco da política de cooperación cos concellos para mellorar os equipamentos públicos.

Allegue explicou que a colaboración da Xunta nesta intervención se desenvolveu ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para impulsar actuacións que melloren os espazos públicos e a calidade de vida da cidadanía.

Puxo o acento en que este é un edificio sostible, eficiente enerxeticamente e respectuoso co medio ambiente, con sistemas de produción de enerxía renovable e solucións construtivas que reducen o impacto ambiental.

Destacou que este espazo está preparado para acoller múltiples usos: actuacións culturais, reunións veciñais, cursos, eventos comunitarios ou actividades sociais. Para isto, o edificio está dotado de sala de usos múltiples, escenario, cociña, aseos e almacén.

Subliñou que neste caso, “se trata dun lugar pensado para as persoas, a vida en comunidade e para seguir fortalecendo ese espírito colectivo que caracteriza ao rural galego”.

Data de actualización: 14/03/2026