Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
O lume quedou extinguido ás 15.26 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 22,8 hectáreas de monte raso
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, quedou extinguido ás 15.26 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 07.23 horas desta mañá e finalmente afectou unha superficie de 22,8 hectáreas de monte raso, todas elas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 8 axentes, 5 brigadas e 3 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.