A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Portas

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada.

Nesta xuntanza, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse diferentes actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.

Este encontro enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo M. Allegue cos concellos para prestarlles apoio e poder impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2026