A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no Plan de accesos ao Novo CHUAC
Hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe e os traballos de talado e poda de arborado na estrada das Xubias
Tamén se iniciaron a execución das plataformas e a disposición da maquinaria para a demolición, mentres dure o corte de tráfico, os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril
Estas obras obrigan á regulación da circulación de forma alternativa mediante semáforos na estrada das Xubias
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2026
A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no Plan de accesos ao Novo CHUAC.
Na xornada de hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe e tamén se levaron a cabo traballos de talado e poda de arborado na estrada das Xubias.
Tamén se iniciaron a execución das plataformas e a disposición da maquinaria para a demolición, previstos mentres dure o corte de tráfico, os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril.
Estas obras obrigan á regulación da circulación de forma alternativa mediante semáforos na estrada das Xubias. O corte obriga a acceder ao núcleo das Xubias desde o Hospital Materno Infantil. O peche durará, aproximadamente, un mes, o tempo necesario para a demolición da parte do viaduto que sobrevoa no entorno do Pazo de Guyatt, e posteriormente as afeccións serán puntuais mentres se constrúe o novo viaduto.
Estes traballos continuarán toda esta semana coa colocación de sinais, acopio de material necesario ou a retirada dalgunha marquesiña.
Estas tarefas, como se citou anteriormente, realízanse de xeito previo á demolición do viaduto, que se realizará en Semana Santa, dado que se prevé unha reducción da circulación de entre o 20 e 25%.
A Xunta e o Concello da Coruña coordinaron esta intervención para minimizar todo o posible as molestias na circulación, tanto para o tráfico particular como para o transporte público.