O delegado territorial da Xunta asiste ao acto de izado de bandeira ‘Sendero Azul’ no concello do Carballiño
2026-04-01
/documents/35297/2073776/010426+Izado+de+bandeira+SendeIro+Azul+no+Carballi%C3%B1o+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 1 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá ao acto de izado de bandeira ‘Sendero Azul’ da senda que vai dende a Ponte Toscaña ata o Gran Balneario do concello do Carballiño.
O programa ‘Sendero Azul’ premia e recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas, sendas e itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.
Data de actualización: 01/04/2026