Belén do Campo participou no corte de cinta da saída da proba 'Comarca Brigantina-Camiño de Santiago', puntuable para a Copa de España de Féminas 2026
Betanzos (A Coruña), 11 de abril de 2026
A delegada da Xunta da Coruña, Belén do Campo, participou esta mañá en Betanzos no acto de corte de cinta da proba Comarca Brigantina – Camiño de Santiago, unha cita deportiva de referencia, que contou coa colaboración da Xunta e que forma parte da Copa de España de Féminas 2026.
A competición, organizada polo Club Ciclista Betanzos en colaboración cos concellos de Betanzos, Paderne, Bergondo e Miño, está incluída no calendario da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e desenvolverase conforme aos regulamentos da UCI e da propia federación estatal.
A proba reuniu a destacadas ciclistas do panorama nacional, outorgando puntos para o ranking da RFEC ás 25 primeiras clasificadas, o que reforza o seu carácter competitivo e a súa relevancia dentro do calendario estatal.