A conselleira María M. Allegue entrega a Adam Yates o maillot de gañador da proba ciclista O Gran Camiño The Historical Route 2026

A Guarda (Pontevedra), 18 de abril de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asistiu hoxe á celebración da quinta e última etapa da proba ciclista O Gran Camiño The Historical Route 2026, que se celebrou hoxe entre As Neves e o Monte Trega, na Guarda. No concello das Neves, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, a conselleira realizou o corte de cinta da saída da proba. Trala finalización da etapa no Monte Trega, Allegue entregou o maillot de gañador desta edición da proba ao ciclista Adam Yates e o trofeo ao segundo clasificado na xeral, Jørgen Nordhagen.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2026