Medio Rural e o Concello de Paradela avalían vías de colaboración para promocionar os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada

Paradela (Lugo), 27 de abril de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, para abordar vías de colaboración en materia de promoción dos produtos agroalimentarios de calidade diferenciada.

Neste sentido, abordáronse outras cuestións como a celebración da Feira de Ano e Festa de San Isidro, que ten lugar no mes de maio nesta localidade e na cal se inclúen actividades como mostras de gando e maquinaria ou degustacións de produtos amparados por selos de calidade diferenciada como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra ou a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2026