Medio Rural avalía novas vías de colaboración público privada para impulsar o sector forestal
Os directores xerais de Defensa do Monte e de Planificación e Ordenación Forestal visitaron hoxe as instalacións de Finsa en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitaron hoxe as instalacións de Finsa en Santiago de Compostela. Alí, avaliaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para impulsar de xeito conxunto a o sector forestal galego.
Os directores xerais tamén realizaron un percorrido polas instalacións desta empresa, pioneira no aproveitamento de material para fabricar taboleiro aglomerado. Neste sentido, puideron coñecer en primeira persoa o proceso de elaboración destes taboleiros, dende o inicio ata a súa comercialización.
Por último, puxeron en valor o traballo realizado por Finsa, que conta con case un século de experiencia no sector, e que aposta pola innovación nos seus procesos industriais. Sinalaron tamén que empresas coma esta son un claro exemplo da potencialidade que ten o sector da madeira na nosa comunidade.