Lorenzana visita a 4º edición da Festa da Raia que se celebra esta fin de semana en Portonovo
2026-05-02
/documents/35297/2111416/02052026+LorenzanaFestaRaia1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Sanxenxo (Pontevedra), 2 de maio de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á cuarta edición do Portonovo Gastronómico. Festa da Raia que se celebra esta fin de semana no porto da localidade.
A edición deste ano, na que participan un total de 21 locais para poñer en valor os produtos do mar, conta ademais cunha mostra fotográfica con imaxes actuais e antigas de Portonovo, cunha Feira Solidaria Artesá e unha área infantil con talleres e xogos para os máis cativos.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 02/05/2026