A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Castrelo de Miño
2026-05-06
/documents/35297/2114542/260506_CastreloMin%CC%83o_x-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Na reunión tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, así como a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de infraestruturas de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.
Data de actualización: 06/05/2026