Villaverde salienta a traxectoria de Gumersindo Feijoo no ámbito da sustentabilidade
O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago e director científico do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais da USC (Cretus) ingresa como Académico Numerario da Real Academia Galega das Ciencias
Santiago de Compostela, 20 de maio do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe ao acto de ingreso de Gumersindo Feijoo como Académico Numerario da Real Academia Galega das Ciencias, celebrado no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela e salientou a traxectoria do catedrático de Enxeñería Química e director científico do Cretus no ámbito da sustentabilidade e a economía circular.
Xunto á responsable autonómica, no evento déronse cita representantes institucionais, académicos e profesionais que felicitaron ao novo membro da RAGC polo seu labor investigador. Unha dilatada e sólida traxectoria que Villaverde define como “necesaria para a toma de decisións baseadas na evidencia científica como as que se aplican para a xestión dos recursos mariños”.