A Xunta pon en valor a formación a prol da prevención dos riscos ergonómicos nas contornas laborais

Redondela (Pontevedra), 21 de maio de 2026

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe aos participantes no curso  Aplicación práctica de metodoloxías ergonómicas de posturas, manipulación de cargas e movementos repetitivos, impartido polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) no marco da Semana da Administración Aberta 2026. Alí destacou a importancia de accións formativas coma esta, destinada ao persoal técnico dos gabinetes de seguridade e saúde laboral das organizacións empresariais e sindicais e que asesore ao tecido empresarial neste ámbito.

Ademais, lembrou que o avance cara a unha protección máis eficaz dos riscos psicosociais e ergonómicos é un dos obxectivos estratéxicos da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e que esta acción está incluída no Plan de actuación do Issga de 2026. Deste xeito, con estas actuacións facilítanse ferramentas prácticas e criterios técnicos para a identificación, avaliación e control dos riscos ergonómicos nos distintos postos de traballo co fin de reforzar a especialización do persoal técnico encargado do asesoramento nesta materia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2026