A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, informou hoxe destas actuacións na cidade de Pontevedra, que suporán un investimento de 352.000€

A Xunta licita as obras para converter locais de Valdecorvos en 3 vivendas públicas, reservando 2 en réxime de compra para menores de 36 anos

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo

Allegue explicou que estes 3 fogares se ofertarán en venda e 2 se reservan a menores de 36 anos, realizando sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes en Pontevedra

O Goberno galego transformará en vivendas os locais de propiedade autonómica, sen uso ata agora, na parcela 13 de Valdecorvos

O baixo do bloque 1 acondicionarase para 2 vivendas, de 2 dormitorios, unha adaptada a mobilidade reducida; e no bloque 3, para outra vivenda e un local

A conselleira lembrou que estes fogares son posibles grazas á modificación normativa activada pola Xunta para facilitar a conversión de baixos e entreplantas en desuso en vivendas, en vigor desde o 1 de xaneiro do 2025

Pontevedra, 28 de maio de 2026

A Xunta licita as obras para converter locais de Valdecorvos en 3 novas vivendas públicas en Pontevedra, reservando dúas en réxime de compra para menores de 36 anos.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou destas actuacións, cun investimento de case 352.000€, financiado integramente con fondos autonómicos.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo. Neste sentido, Allegue sinalou que se prevé poder comezar as obras este mesmo ano.

Explicou que os 3 fogares obtidos destes locais se ofertarán en réxime de venta e precisou que dúas desas vivendas se reservan a persoas menores de 36 anos. Para isto, como é habitual, realizarase un sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes en Pontevedra.

O Goberno galego construirá 3 vivendas de promoción pública transformando os locais de propiedade autonómica, sen uso ata agora, na parcela 13 de Valdecorvos.

O baixo do bloque 1 acondicionarase para dúas vivendas, cada unha con dous dormitorios, unha delas adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

O baixo do bloque 3 transformarase nunha vivenda de dous dormitorios e un local.

Modificación normativa

A conselleira lembrou que actuacións como as presentadas hoxe son posibles grazas á modificación normativa activada pola Xunta para facilitar a conversión de baixos e entreplantas en desuso  en vivendas, sen necesidade de mudar o planeamento.

Recordou que esta iniciativa, en vigor desde o 1 de xaneiro do 2025, tamén permitiu lanzar en Ourense a Oferta Pública de Adquisición de locais, para transformalos en vivendas. Ademais en Narón a Xunta tamén vai converter en 14 vivendas públicas unha planta dun edificio cuxos espazos para oficinas quedaron baleiros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2026