A Xunta entrega cinco vivendas de promoción pública en Quiroga, Sarria e Samos

Lugo, 1 de xuño de 2026

A Xunta entregou hoxe cinco vivendas de promoción pública nos municipios de Quiroga, Sarria e Samos. En todos os casos foron adxudicadas en réxime de alugamento.

Trátase de residencias de entre tres e catro dormitorios, que quedaran vacantes e foron acondicionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para ser ocupadas de novo. As persoas adxudicatarias recibiron as chaves esta mañá na Delegación Territorial de Lugo.

En canto á distribución por concellos, dúas están situadas en Sarria  - rúas Frei Luis de Granada e Caneiro -; dúas en Quiroga – San Xulián de Abaixo e Tallos -;  e unha en Samos – avenida de Compostela -.

As persoas interesadas en acceder ás adxudicacións de vivenda pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite indispensable para optar a este recurso. O prazo está aberto durante todo o ano e a inscrición pode facerse en liña a través da sede electrónica da Xunta.

Data de actualización: 01/06/2026