Un total de 41 proxectos recibirán 2,1 M€ para a creación de novos empregos e dinamizar o rural
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que se dá publicidade a estas axudas, que supoñen a mobilización de arredor de 5,2 M€
O obxectivo principal é contribuír ao fomento do desenvolvemento rural galego e do seu tecido socioeconómico
Con estas subvencións, as empresas beneficiarias e consolidarán 474 postos de traballo e comprometen a creación de 39 novos empregos
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se dá publicidade ás axudas para proxectos en actividades non agrícolas. A Xunta destina 2,1 millóns de euros para beneficiar 41 proxectos, o que supón a mobilización dun investimento de arredor de 5,2 millóns de euros. Estas achegas permitirán consolidar 474 postos de traballo e crear 39 novos empregos.
A iniciativa ten coma finalidade fortalecer o emprego no rural en sectores non agrícolas, diversificar e impulsar o tecido socioeconómico destas zonas para así mellorar a súa competitividade, inducir a xeración de novos postos de traballo e reforzar os existentes, así como impulsar a dinamización económica dos territorios rurais.
Todas aquelas entidades que reciban estas axudas teñen de prazo ata o próximo 15 de outubro de 2026 para executar os investimentos subvencionados.
23 millóns de euros na última década
Cómpre destacar que na última década 547 empresas galegas foron beneficiadas con esta liña de axudas, a través das cales se mobilizaron 23 millóns de euros. Estes fondos permitiron a creación de case 500 empregos e a consolidación doutros 4.320 na nosa comunidade autónoma.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260603/AnuncioO90-250526-0001_gl.html