Lorenzana analiza co alcalde de Mondariz as necesidades de solo empresarial do concello

Vigo, 12 de xuño de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana en Vigo, unha reunión de traballo co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, para analizar as necesidades de solo empresarial deste municipio pontevedrés.

A titular de Economía e Industria subliñou que Galicia contará en 2030 con case 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial cun investimento de máis de 440 millóns de euros. Deles, 3,2 millóns de m2 estarán na provincia da Pontevedra cun orzamento de preto de 139 millóns de euros. O obxectivo é dispoñer dunha oferta de solo máis competitiva, equilibrada e adaptada ás necesidades do tecido produtivo, así como favorecer a captación de novos investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2026