O seguimento na quenda de mañá da folga médica contra o estatuto marco do Goberno central acada o 14,99 % na sanidade pública galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 20,09 %

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 1,93 %

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de mañá deste mércores foi do 14,99 % nos centros sanitarios da comunidade.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 20,76 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 12,82 %. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 20,09 %.

No que respecta á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 1,93 % de participación.

No total dos dous niveis asistencias, a folga tivo un seguimento do 15,14 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 23,02 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 19,56 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 13,93 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 16,7 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 16,64 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 22,33 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 25,97 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. 

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 4,26 % no Hospital Público de Cee; o 10,29 % no Hospital Público de Barbanza; o 12,61 % no Hospital Público da Mariña; o 14,47 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 8,2 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 12,07 % no Hospital Público de Verín; e o 23,08 % no Hospital do Salnés.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: na da Coruña e Cee, 1,1 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,78 %; na de Ferrol, 1,53 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,77 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,46 %; na de Pontevedra e O Salnés, 0,97 %; e na de Vigo, do 2,94 %.   

Pola súa banda, o seguimento nas entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi do 1,14 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Desde o inicio das convocatorias de folgas contra o Estatuto Marco, no mes de decembro, en Galicia suspendéronse en total 257.728 actos médicos.

Data de actualización: 17/06/2026