O delegado territorial da Xunta reúnese co cónsul honorario de México

Ourense, 19 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión está mañá co novo cónsul honorario de México, Alfonso Pereira, na que lle trasladou os seus parabéns polo seu nomeamento e desexoulle un período exitoso na responsabilidade que acaba de principiar.

No encontro, Manuel Pardo resaltou a recente inauguración oficial polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, do novo Consulado Honorario de México en Galicia, con sede en Ourense, o cal definiu como unha ferramenta de enorme calado estratéxico para dinamizar as relacións económicas, culturais e de arraigo entre ambos os territorios. Así, aseguroulle que servirá para reforzar o retorno da diáspora asentada no país azteca e atraer tamén investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2026