A Xunta participa na presentación dos Campionatos de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Júnior, que se disputarán esta fin de semana na Coruña

A Coruña, 19 de xuño de 2026.

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación dos Campionatos de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Júnior, que se disputarán este sábado e domingo na Coruña. A competición, que conta co apoio da Xunta, completarase co Campionato de España de Tríatlon por Relevos Mixtos de Talentos e con actividades de promoción deste deporte entre nenas e nenos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete no marco do proxecto Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2026