A Xunta apoia a segunda edición da Concentración Moteira de Trabada, que se celebra esta fin de semana
Trabada (Lugo), 19 de xuño de 2026
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, reuniuse esta mañá cos organizadores da II Concentración Moteira A Cadeira, que se celebra desde hoxe e ata o domingo en Trabada e conta co apoio da Xunta de Galicia.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”.
Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.