A Xunta chama á cidadanía a doar sangue para incrementar as reservas dos grupos sanguíneos con niveis baixos
Os grupos A+, 0+ e 0- amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
Mensualmente, os hospitais galegos precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A+, 0+ e 0-.
As reservas deste grupo presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súa asistencia sanitaria.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. Comezan as vacacións, pero non por iso descenden as necesidades hemoterápicas dos hospitais galegos, polo que segue sendo imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns. ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ao longo da presente semana será posible doar nos locais de atención permanente ao doador existentes nas sete grandes cidades galegas ou nas unidades móbiles da Axencia que visitarán os seguintes concellos galegos:
|
DATA |
DESPRAZAMENTOS |
|
Martes 7 de xullo |
Polígono Piadela (Betanzos), Bº das Conchiñas (A Coruña), Culleredo, Área Central-Fontiñas (Santiago), Silleda, Combarro, Barro, O Rosal, Bº Balaídos (Vigo), Bº A Milagrosa (Lugo), Xove, A Valenzá (Barbadás) |
|
Mércores 8 de xullo |
As Pontes, O Burgo (Culleredo), Perillo (Oleiros), Vedra, Santa Cruz de Ribadulla, Praza Roxa (Santiago), Zona da Ferraría (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Santa Mª de Oia, Praza Maior (Lugo), Ribadavia |
|
Xoves 9 de xullo |
Miño, Cantón-Obelisco (A Coruña), Malpica, Padrón, Esteiro, Illa de Aorusa, Bº do Calvario (Vigo), Guizán, Foz, A Merca, Taboadela, Bº do Vinteún (Ourense) |
|
Venres 10 de xullo |
Coirós, Arteixo, Ponteceso, Noia, O Pino, Cambados, Redondela, Cabral (Vigo), Chantada, Verín |
|
Sábado 11 de xullo |
Arteixo, Noia, Redondela, Centro comercial As Termas (Lugo) |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.