A Xunta adxudica o contrato para construír 25 vivendas de promoción pública en Noalla, no concello de Sanxenxo
Construiranse nunha parcela cedida polo Concello
O contrato inclúe a redacción dos proxectos e a execución das obras de construción
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026
A Xunta de Galicia adxudicará o contrato para a redacción do proxecto e execución das obras de construción de 25 vivendas de promoción pública en Noalla, no municipio de Sanxenxo, tal como acordou hoxe o Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal).
O contrato será adxudicado á Constructora San José por importe de 6.307.684,92 euros e un prazo de execución de 19 meses, dos que catro serán para a redacción dos proxectos e os quince restantes para a execución da obra.
As 25 vivendas previstas serán construídas nunha parcela cedida polo concello de Sanxenxo, emprazada en Noalla, cunha superficie de 871 metros cadrados.
Esta licitación enmarcase no compromiso da Xunta de duplicar o parque de vivenda pública no período 2024-2028 para chegar ás 8.000 vivendas pública e a previsión do Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 de chegar a 10.000 vivendas públicas no ano 2030.