Medio Rural avalía novas liñas de colaboración con Asoporcel no impulso da raza autóctona Porco Celta

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel). Nesta reunión avaliaron posibles liñas de colaboración para reforzar o impulso da raza autóctona Porco Celta.

Así, Juan José Cerviño destacou as razas autóctonas como unha parte esencial do patrimonio gandeiro galego, que ademais xoga un papel fundamental na protección do territorio. Neste senso, sinalou que o Goberno galego seguirá a traballar para garantir a súa conservación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2026