O delegado da Xunta saúda aos participantes ourensás na Ruta Quetzal 2026

Ourense, 23 de xullo de 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial aos participantes ourensás na Ruta Quetzal 2026; o monitor, Pablo Sal, e o estudante, Luís Santalices, a quen felicitou polo seu  gran traballo escolar; xa que segundo lembrou o delegado da Xunta a Ruta Quetzal, que cumpre 36 expedicións, selecciona os seus participantes por excelencia académica e mérito.

Manuel Pardo trasladoulle os parabéns pola súa concorrencia neste evento, que rematou o pasado 11 de xullo, e que combina a aventura co coñecemento da cultura, a historia e o patrimonio dos lugares polos que transcorre e que nesta edición contribuíu, en maior medida, a enxalzar a experiencia xacobea.

Ademais, salientou que desde a Xunta apóiase este tipo de proxectos na medida en que contribúen a “promover e divulgar a ruta xacobea entre a mocidade” favorecendo así o interese de novas xeracións pola cultura e o coñecemento de todo o relacionado co Camiño de Santiago.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2026