O delegado da Xunta supervisa o remate das obras de conservación da senda peonil na estrada OU-404 no núcleo de Barral, no concello de Castrelo de Miño
Manuel Pardo explicou que esta actuación, que contou cun investimento autonómico de máis de 20.000 euros, consistiu na construción dunha gabia en formigón lixeiramente armada sobre unha superficie de 120 metros lineais e de ancho variable, entre os puntos quilométricos 31,510 a 31,360 na marxe esquerda da estrada
O delegado lembrou que no ano 2025, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, levouse a cabo o acondicionamento como senda cuneta do espazo dispoñible na marxe da estrada, co fin de mellorar a mobilidade peonil entre do núcleo de Barral e a intersección coa estrada OU-402
Esta intervención está enmarcada no Plan de Sendas da Xunta, co que a Administración autonómica leva planificados e executados xa 300 km de itinerarios peonís e ciclistas no marco do seu compromiso coa mobilidade sostible e segura
Ourense, 27 de xullo de 2026
O delegado da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Castrelo de Miño para, acompañado do seu alcalde, Avelino Pazos, supervisar esta mañá os traballos de conservación que a Xunta acometeu na senda peonil na estrada OU-404 no núcleo de Barral, que contou cun investimento autonómico de máis de 20.000 euros.
O delegado explicou que os traballos, que desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, consistiron na construción dunha gabia en formigón lixeiramente armada sobre unha superficie de 120 metros lineais e de ancho variable. Deste xeito, para levala a cabo realizouse un corte lonxitudinal ao longo da zona de actuación para posteriormente proceder á escavación do sobreancho preciso para a execución da senda en formigón proxectada, e fixemos unha reparación puntual do muro de contención da estrada e colocamos un treito de 18 metros de tubería para a recollida de augas pluviais da estrada.
Durante a visita, Manuel Pardo lembrou que nesta senda levouse a cabo outra actuación no ano 2025 grazas a unha achega da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de preto de 50.000 euros, que consistiu no acondicionamento como senda cuneta do espazo dispoñible na marxe da estrada, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, co fin de mellorar a mobilidade peonil entre do núcleo de Barral e a intersección coa estrada OU-402. Nesta liña, concretou que a senda cuneta conectou as beirarrúas existentes na intersección coa beirarrúa existente próxima á igrexa de Nosa Señora dás Neves de Barral.
Nesta liña, indicou que esta intervención salvouse a entrada ao santuario continuando sen interrupción ata o final da vía. No caso das frontes de casas e accesos a leiras, a inclinación dos noiros modificouse para permitir que os vehículos accedan ás propiedades con comodidade. Así mesmo, aproveitouse esta actuación para dispor de arquetas-sumidoiros e un novo colector de pluviais.
Plan de Sendas da Xunta
Manuel Pardo destacou que estas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas da Xunta, co que a Administración autonómica leva planificados e executados xa 300 km de itinerarios peonís e ciclistas no marco do seu compromiso coa mobilidade sostible e segura, co fin de que as persoas poidan desprazarse polas estradas de forma segura e saudable.
Deste xeito, o delegado salientou que a Administración autonómica está a ampliar esta rede de sendas nos concellos co máximo respecto á contorna, coidando a integración paisaxística, e lembrou que os Orzamentos da Xunta para 2026 contemplan 263 M€ para seguir avanzando en infraestruturas, coa posta en marcha de novas sendas, a aposta pola conservación nos viarios autonómicos cun investimento récord de 71,6 M€ e sumando novos quilómetros nas estradas de altas prestacións.