Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña

O lume iniciouse ás 17,58 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña, está estabilizado desde as 22,40 horas de onte.

Este lume iniciouse ás 17,58 horas deste domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 11 axentes, 22 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 8 avións. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 03/08/2026