Medio Rural destaca que Galicia é un referente en diversificación e mellora xenética do gando
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou unha gandaría de cabrún en Salvaterra de Miño que está especializada na cría da cabra de raza Boer
Salvaterra de Miño (Pontevedra), 12 de agosto de 2026
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou hoxe a gandaría Garrido Rajo, localizada en Salvaterra de Miño e especializada na cría da cabra de raza Boer. Esta granxa leva anos traballando no ámbito da xenética, mediante a inseminación artificial a partir de material importado de Australia.
O director xeral salientou que Galicia é un referente na diversificación das producións gandeiras, favorecida polas boas condicións que ofrece a nosa comunidade para desenvolver diferentes e variados proxectos empresariais vinculados ao rural, e tamén na mellora xenética como ferramenta para impulsar a competitividade das explotacións.