A Xunta destina máis de 800.000 euros a tres adegas do Salnés para impulsar as súas investimentos na elaboración e comercialización de viño

O delegado territorial visitou a bodega Vionta, no concello e Meaño, que recibiu unha axuda de máis de 116.000 euros

As achegas teñen como obxectivo mellorar a competitividade das empresas vitivinícolas galegas e favorecer a modernización do sector

Meaño (Pontevedra), 12 de agosto de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá as instalacións da bodega Vionta, no concello de Meaño, con motivo das axudas da Xunta de Galicia destinadas a apoiar os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, unhas axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía.

Esta bodega foi beneficiaria dunha achega de máis de 116.000 euros, destinada a apoiar os seus investimentos e contribuír á mellora dos seus procesos de elaboración e comercialización, reforzando así a súa capacidade e competitividade dentro do sector vitivinícola galego.

Cabe destacar que, na comarca do Salnés, un total de tres adegas resultaron beneficiarias desta liña de axudas, cun investimento global superior aos 800.000 euros. Estas achegas permiten ás empresas do sector acometer actuacións de modernización e mellora das súas instalacións e equipamentos, así como avanzar na incorporación de novas ferramentas e procesos que favorezan a súa competitividade.

Durante a visita, o delegado territorial puxo en valor o peso do sector vitivinícola na economía do Salnés e destacou o papel das adegas e das persoas viticultoras na conservación da paisaxe, na dinamización do rural e na proxección dos produtos galegos.

Pablo Fernández salientou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola e asegurou que "apoiar os investimentos das nosas adegas é tamén apostar pola modernización do rural, pola creación de emprego e por un sector estratéxico para a economía e para a identidade de Galicia".

Neste sentido, destacou a importancia de seguir acompañando ás empresas para que poidan mellorar a súa competitividade e continuar levando a calidade dos viños galegos aos mercados nacionais e internacionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2026