A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Beariz
Ourense, 15 de agosto de 2026.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo esta semana na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense un encontro de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado López, no que abordaron posibles liñas de colaboración entre ambas administracións.
Neste encontro, no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora territorial da Consellería, Pilar Fernández, abordáronse posibles vías de colaboración para a rehabilitación e humanización de espazos públicos, entre outros asuntos de interese.
O departamento que dirixe de M. Allegue segue apoiando aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.