A Xunta destaca a calidade de peixes e mariscos galegos nas xornadas gastronómicas da Confraría de Corcubión
Corcubión (A Coruña), 22 de agosto de 2026
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, destacou hoxe a calidade dos peixes e mariscos galegos durante as xornadas gastronómicas organizadas pola Confraría de Pescadores de Corcubión, nas que aproveitou para participar nun showcooking a cargo do chef Diego Novas.
Na xornada foi tamén protagonista o polbo, que puido probarse en catro elaboracións -á feira, á brasa, en croquetas e en empanada-. O menú completouse con longueiróns a prancha e empanada de millo. Ademais da vertente gastronómica, celebráronse faladoiros e obradoiros infantís para transmitir o mundo do mar aos máis pequenos.
Data de actualización: 22/08/2026