A Xunta enxalza a Festa da Empanada de Chantada como expresión da tradición e da gastronomía local

Chantada (Lugo), 25 de agosto de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na Festa da Empanada de Chantada, onde puxo en valor o carácter popular desta celebración e a súa contribución á promoción da gastronomía e das tradicións locais.

A festa, que pon o peche ás celebracións patronais en Chantada, reúne cada ano na carballeira de San Lucas a veciños e visitantes arredor dun dos produtos máis tradicionais da gastronomía galega, nunha xornada de encontro e convivencia que conta tamén con animación musical.

Villares salientou a importancia de manter vivas este tipo de celebracións populares, que forman parte da identidade dos concellos e contribúen á dinamización social e turística do territorio, así como á promoción dos produtos e da gastronomía locais.

Data de actualización: 25/08/2026