Martina Aneiros participa na xornada de Degustación e Showcooking da Confraría de Pescadores de Ferrol
Ferrol, 27 de agosto de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe na Sala Curuxeiras á xornada de Degustación e Showcooking organizada pola Confraría de Pescadores de Ferrol en colaboración co Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) Golfo Ártabro Norte, que tivo como produtos centrais as navallas e os percebes.
Durante o evento, os asistentes puideron degustar as navallas de cinco formas diferentes: con crema de queixo e mazá, con granizado de lima, con gazpacho, en tempura e á prancha. Tras isto, o cociñeiro Miguel Ángel Campos, do restaurante A Gabeira e pertencente ao Grupo Nova, dirixiu o showcooking no que se levaron a cabo catro receitas de percebes: ao natural, cocido no seu hábitat, croquetas de pescada da lonxa con salsa verde de percebe.