A Xunta destaca que a Festa do Viño do Condado do Tea pon en valor a calidade alimentaria das Rías Baixas

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 28 de agosto de 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, asistiron hoxe á inauguración da LXVII Festa do Viño do Condado do Tea.

A Xunta destaca que esta celebración, declarada Festa de Galicia de Interese Turístico, contribúe a poñer en valor os viños da Subzona do Condado do Tea da Denominación de Orixe Rías Baixas en particular e toda a gastronomía da contorna, en xeral, mediante a maridaxe dos seus diferentes produtos de calidade.

Data de actualización: 28/08/2026