O secretario xeral para o Deporte participa na presentación do Rally Terra de Galicia, que comeza este xoves

A Coruña, 1 de setembro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación do Rally Terra de Galicia, proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Terra que se celebrará do 3 ao 5 de setembro. A competición percorrerá os concellos de Carballo, Coristanco, Arteixo, Cerceda, Tordoia, A Laracha, Malpica e Ponteceso e contará con oito tramos cronometrados e unha superespecial de 2,4 quilómetros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2026