Alfonso Villares acompaña ao CB Breogán na súa presentación ante a afección en Lugo

Lugo, 1 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu esta tarde á presentación oficial do CB Breogán ante a súa afección no Pazo dos Deportes.

O conxunto lucense disputou ante o KK Mega de Serbia o seu primeiro partido como local da pretemporada, no que sumou unha nova vitoria. Aproveitou ademais a ocasión para presentar a primeira equipación oficial.

Villares trasladou ao equipo os seus mellores desexos para a nova tempada que está a piques de comezar, con citas importantes como a fase previa da Basketball Champions League (BCL), na que o Breogán buscará a clasificación entre os días 14 e 20 de setembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2026