Villaverde pon en valor a tradición mariñeira de Abanqueiro na celebración das súas Festas do Carme

Boiro (A Coruña), 6 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañou á xente do mar de Abanqueiro nos actos na honra da Virxe do Carme celebrados no porto de Bodión. A responsable autonómica participou nos oficios relixiosos e na posterior procesión marítima, na que se realizou a tradicional ofrenda floral en lembranza das persoas falecidas no mar.

Villaverde puxo en valor a importancia destas celebracións para manter vivas as tradicións e a identidade mariñeira das localidades costeiras galegas, e trasladou o seu recoñecemento ás familias e profesionais que preservan unha estreita vinculación co mar e co sector marítimo-pesqueiro.

Data de actualización: 06/09/2026