Xestionada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP
A Escola Oficial de Idiomas de Vigo abre o seu curso con 6.000 alumnos en 300 grupos e 103 profesores
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións educativas que abriron xa o seu período de matrícula
Vigo, 7 de setembro de 2026
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións da Escola Oficial de Idiomas (EOI) que xestiona a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na cidade durante o período de matriculación para o alumnado.
A EOI dá servizo a máis de 6.000 alumnos matriculados en 300 unidades e conta con 103 profesores (ademais de 12 traballadores de persoal non docente) repartidos entre a sede central de Vigo, na avenida Martínez Garrido, e as súas seis seccións: Cangas, Coia, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui. Nas súas aulas imparten clases de alemán, chinés, español para estranxeiros, galego, francés, inglés, italiano, portugués e xaponés.
Durante a visita, na que aproveitou para percorrer as instalacións do centro dependente da Consellería de Cultura, Educación, Universidades e FP, Ana Ortiz puido constatar a alta demanda dos cursos, así como o correcto funcionamento da actividade docente a través das clases online ou instalacións como a biblioteca ou o novo estudo de radio.